Hai días difíciles para a vida, para vivilos. Acabamos de recibir a chamada da familia da irmá pequena de Lola, da familia de Pilar Blanco Rodal, para decirnos que a nena que Lola levaba da man en aqueles días de terror, cando apresaron ao seu pai, cando deron por morta a súa nai, cando asasinaron a Angel, cando non tiñan quen mirara para elas, mais que nada por medo, finou no día de hoxe, dous de Outubro de 2019.
Para Pili, Gelu e Antonio que coidaron e adoraron a esa nai con pedagoxía, con amor, con exemplaridade, sentimentos que xurden somentes si se teñen e eles, sen dúbida os tiveron.
Para nos, que estamos xestionando o crowfunding do documental LOLA, tamen é duro, porque desde pola mañan a noite todo nos fala da familia RODAL BLANCO. Hoxe é un dia triste para nos tamén, era a última filla dos pais de Lola.
Emoción polo que vivimos con eles, que son unha chea de cousas, desde o 2007.
Nunca esquenceremos a Pilar e o xoves a despediremos en Cangas, ela vaise nunha última viaxe, como anteriormente o fixeron os seus seres queridos.
Desde Vilagarcía unímonos a todos os que en Cangas están de loito por Pilar Rodal Blanco.