ÁNIMO, UN ESFORCIÑO MAIS E XA CHEGAMOS!!
Estamos a quince días, dúas semanas, do remate desta campaña onde se dirime “o todo ou nada” desta campaña para desenvolver o documental de LOLA, e estamos ahí, a unha nadiña de chegar, a 270 € da meta dentro da plataforma de goteo.org.
Por iso esperamos de todos e todas vos dese pequeno pulo que nos permita alcanzar esa cantidade e estar xa tranquilos.
Deixámosvos un pequeno vídeo da promoción dunha das viaxes que fixemos para sacar ao irmán de LOLA da fosa común onde fora enterrado xunto aos seus sete compañeiros de derrota.
Desde a páxina de LOLA queremos agradecer a todos e todas as que levades realizando un aporte a este proxecto e que nos agrada ver a personas que, desde fora de Galicia, confían no noso proxecto. Gracias.
E a todos aqueles e aquelas polos que estamos esperando da vosa resposta dámosvos as gracias por anticipado.