A Estrada, Pontevedra, Espanha
Finished 09 / 07 / 2017
Funded!
Received
€ 7.535
Minimum
€ 4.000
Optimum
€ 6.000
181 Backers
Contributing € 5
PINGA A PINGA
Entre todos e todas imos conseguilo. Non quedes á marxe da nosa loita!
> 04 Backers
Contributing € 7
GAFAS VR
Ver galería no Facebook de Emerxencias Galiza.
> 00 Backers
Contributing € 8
Fuxan os Ventos
Primeiro disco en vinilo da emblemática agrupación musical
> 01 Backers
Contributing € 9
TAZA + GAFAS VR
Taza de starwars e gafas de cartón VR.
> 00 Backers
Contributing € 10
Recompensa básica
Bolsa de tea, chapa e adhesivo.
> 21 Backers
Contributing € 11
DISCO ASINADO POR GUADI GALEGO
Disco “O mundo está parado” de Guadi Galego, asinado polo artista.
> 01 Backers
Contributing € 12
Factoría de Subsistencia
Discos de Factoría de Subsistencia asinados polos astistas
> 00 Backers
Contributing € 12
DISCO GRECIA DE "DAS KAPITAL"
Das Kapital foi un grupo de música de Santiago de Compostela, activo entre 2011 e 2015. Está formado por Daniel Salgado, O Leo, Tomás Ageitos e Marcos Payno. Grecia, publicado por Discos da Máquina, foi editado en abril de 2013
> 05 Backers
Contributing € 13
PORTO RESERVA
"Quinta de Ventozelo" Porto Reserva de 750 ml
> 00 Backers
Contributing € 14
MANDIL
De tela vaqueira reciclada, cun clip para o pano e motivos mariños. De Belelula (@belelulafeitoaman, en Facebook)
> 01 Backers
Contributing € 14
BOTELLA DECORADA E BANDEXA
Para ser utilizada como soporte de flor, vea ou similares. Decoración artesanal.
> 00 Backers
Contributing € 15
FUNDA ARTESANAL PARA PORTÁTIL
Funda para portatil de 16,5". Realizada en tea estampada de algodón en tres cores (gris, vermello e laranxa) con asas de man a xogo en vermello ao igual ca sua cremalleira de peche. Interior forrado e acolchado.
> 00 Backers
Contributing € 16
FUNDAS DE COXÍNS
A escoller: 3 fundas de coxíns de 50x50 en estampado azul-amarelo e capullos de flores, ou ben, 3 fundas de coxíns de 30x60 con estampado de follas azuis e marróns.
> 00 Backers
Contributing € 17
PACK VIÑO ALBARIÑO
1 Botella Martín Codax Albariño 2014 de 75 cl. e 2 Botellas Viña Alborada de 75 cl.
> 00 Backers
Contributing € 18
BOTELLAS RIBERA DEL DUERO
2 botellas de Ribera del Duero Carramimbre, 12 e 13.
> 00 Backers
Contributing € 19
PACK DE LICORES AUGARDENTOSOS
Cereixas en augardente, augardente de herbas e augardente branca envellecida en barril de carballo.
> 00 Backers
Contributing € 20
Recompensa media
Camisola, bolsa de tea, chapa e adhesivo.
> 21 Backers
Contributing € 21
PENDENTES E COLGANTE
Xogo de pendentes (tazas) e colgante (teteira) de resina, pintados a man, con peches de prata nos pendentes. A escoller entre un xogo con adorno de cereixas vermellas e folla plateada no colgante (1), outro con pendentes de flor (2), e outro con cereixas verdes (3). De @BELELULAFEITOAMAN (en Facebook). Contactaremos cos mecenas para indicar a opción escollida.
> 02 Backers
Contributing € 22
Curso de percusións tradicionais
Curso de percusións tradicionais que acompañan ao canto. Impartido por Felisa Segade
> 02 Backers
Contributing € 23
ILUSTRACIÓNS DE RODRIGO CHAO
Reprodución de ilustracións orixinais de Rodrigo Chao (asinadas polo autor). Ver galería no Facebook de Emerxencias Galiza.
> 00 Backers
Contributing € 24
PACK VIÑO RIOJA
3 Botellas Leza García Reserva 2009 de 75 cl.
> 00 Backers
Contributing € 25
DVDs GI Joe
25 DVDs da serie de acción GI-Joe
> 00 Backers
Contributing € 28
LÁMINA ENMARCADA
Obra de Montserrat Romaní.
> 00 Backers
Contributing € 30
A Cabeza do Dragón
Cartaces de A Cabeza do Dragón, a primeira representación de Valle-Inclán en galego, asinada polos actores e actrices
> 02 Backers
Contributing € 32
PACK VIÑO TINTO(4 Botellas)
1 Botella Protos Ribera del Duero Roble 2014 de 75 cl., 2 Botellas Ribera del Duero Protos Roble 2015 de 75 cl. e 1 Botella Rioja Luis Cañas Crianza 2012 de 75 cl.
> 00 Backers
Contributing € 40
RETRATOS A LAPIS
Retratos a lapis de John Lennon, Amy Whinehouse e Camarón de la Isla. Por Monchio 13.
> 01 Backers
Contributing € 42
BOTELLA DE WHISKY
"The King of Scots Proclamation" Rare Extra Old de 70 cl.
> 00 Backers
Contributing € 50
RECOMPENSA PLUS
2 camisolas, 2 bolsas de tea, chapas e adhesivos. Lámina fotográfica representativa da folga. Sorteo de discos, libros e material sorpresa.
> 20 Backers
Contributing € 60
Viño
Botellas de viño Montecastrillo (Ribera del Duero), Antonio Montero (Ribeiro) e Monsant.
> 01 Backers
Contributing € 70
Listos para pendurar
Lámina de 20x30 cms. impresa en papel fotográfico e enmarcada (34x 44cms.). Escolla de calquera das fotografías mostradas en www.instagram.com/unmarcos . Todas están numeradas no pé de foto. No momento da entrega da recompensa contactaremos cos mecenas para indicar a fotografía seleccionada
> 00 Backers
Contributing € 85
Caixa de viño Rioja e Montecillo
Caixa de botellas de viño. Dúas botellas de Montecillo Gran Reserva 1995. Unha botella de Rioja Coto de Ímaz 1995
> 00 Backers
Contributing € 100
Recompensa solidaria
2 camisolas, 2 bolsas de tea, chapas e adhesivos. Lámina fotográfica representativa da folga. Sorteo de discos, libros e material sorpresa. Sorteo de cadros, láminas fotográficas, pezas de artesanía.
> 06 Backers
Contributing € 120
Recompensa amiga
Cea para dúas persoas coas traballadoras e traballadores do 112.
> 02 Backers
Contributing € 250
BICICLETA DE TRIAL
Bicicleta de trial Monty Alum 7005 UM. Moi bo estado, seminova.
> 00 Backers

About this project

Apoia a folga indefinida das traballadoras e traballadores do 112
Material Minimum Optimum
Material
Edición de material para as recompensas: bolsas de tea, camisolas, chapas, adhesivos...
€ 750
Infrastructure Minimum Optimum
Envíos
Gastos dos envíos das recompensas aos/ás mecenas.
€ 250
CAIXA DE RESISTENCIA
Imprescindible para cubrir os custos que implica para o persoal secundar a folga.
€ 3.000
FONDO DE GARANTÍAS
Captación de fondos de resistencia para a asemblea de traballadores e traballadoras. Como garantía de autodefensa para o futuro.
€ 2.000
Total € 4.000 € 6.000
Necessary
Supplemental

General information

As traballadoras e traballadores do 112 están en folga indefinida desde o pasado 15 de abril. Logo de máis dun mes de conflito desatado pola deslocalización da central de emerxencias, o colectivo busca intensificar a súa loita e garantir a súa sustentabilidade. Queremos contar coa solidariedade de todos os sectores sociais cómplices para fortalecer a nosa caixa de resistencia, de todas aquelas persoas sensibilizadas coa necesidade dun 112 de calidade e un traballo digno. É o propósito de traballadoras e traballadores que levan décadas prestando atención á cidadanía ante situacións de urxencia, coordinando os recursos necesarios.

Description of the project. Main features, strengths and differentials.

Buscamos recadar fondos para nosa caixa de resistencia. Imos ofrecer recompensas de diferente valor para que calquera poida colaborar na medida das súas posibilidades. Publicaremos vídeos e material gráfico para amplificar a difusión da campaña. Contamos cun público atento no sector das emerxencias, así como do sindicalismo e as loitas sociais.

Why this is important

Logo do anuncio do traslado do 112 desde Santiago para A Estrada, os traballadores e traballadoras organizáronse para reclamar compensacións e evitar así unha perda importante de poder adquisitivo. O colectivo de folguistas busca apoios entre os sectores sociais solidarios coa nosa causa e cun servizo de emerxencias de calidade.

Goals of the crowdfunding campaign

Facer sustentable a continuidade da folga indefinida, para a edición de material, cobertura de gastos da campaña así como para paliar os efectos da protesta sobre a economía das traballadoras e traballadores, fortalecendo a caixa de resistencia.

Team and experience

O colectivo de traballadores e traballadoras do 112 leva anos defendendo os seus dereitos así como un servizo de emerxencias de calidade. Contamos co respaldo da Confederación Intersindical Galega (CIG) e organizámonos en asembleas abertas de todo o persoal que presta o servizo.

Social commitment