Cor ás Seteportas

Rúa do Home Santo, 29b, Santiago de Compostela, España
1Round Remaining 30 days
Received
€ 880
Minimum
€ 1.470
Optimum
€ 2.846
18 Backers
Contributing € 10
FanZine elaborado polas Aveneiras + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas.

FanZine en formato físico, proxecto elaborado polo grupo das Aveneiras ao longo do curso 2018/2019 e amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas, que o agrupamento posúe no monte veciñal de Froxán, no concello de Lousame, por cortesía da asociación sen ánimo de lucro Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins, dende un acampamento no ano 2017.

> 03 Backers
Contributing € 20
Primeira cota mensual para novas asociadas + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas.

Exención da primeira cota mensual para novas familias asociadas a Seteportas-Altair no vindeiro curso 2020/21 e amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas.

> 04 Backers
Contributing € 50
Anulación das tres primeiras cotas mensuais para novas asociadas + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas.

Exención das primeiras tres cotas mensuais para novas familias asociadas a Seteportas-Altair no vindeiro curso 2020/21 e amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas.

> 03 Backers
Contributing € 75
Anulación da cota do acampamento do vindeiro Nadal para novas asociadas + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas.

Exención da cota para o primeiro acampamento para novas familias asociadas a Seteportas-Altair no vindeiro curso 2020/21 e amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas.

> 00 Backers
Contributing € 100
Anulación da cota do acampamento de Nadal e Páscoa do vindeiro curso + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas.

Exención da cota para o primeiro e segundo acampamento para novas familias asociadas a Seteportas-Altair no vindeiro curso 2020/21 e amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas.

> 01 Backers
Contributing € 100
Figurar como Local/Entidade colaboradora do grupo Seteportas + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas

Opción para entidades colaboradoras co grupo educativo, consistente en figuración en cartelaría, coa finalidade de fortalecer o tecido asociativo e/ou local, máis amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas.

> 00 Backers

About this project

Proxecto de reforma do local do grupo educativo Seteportas-Altair
Material Minimum Optimum
Pintura plástica lavable
Cor branca para para parte do local (220m²) e zonas puntais a cor (30m²).
€ 150
Cortiza ou semellante
Acondicionamento do pavimento da área posterior do local
€ 820
Task Minimum Optimum
Man de obra de electricista
Reaxuste da instalación eléctrica acorde á nova distribución do espazo.
€ 500
Infrastructure Minimum Optimum
Mampara movible/abatible
Reforzo na división entre grupos de idade Pícaras+Insurras e Aventureiras+Pioneiras, pola diferenza de dinámica pedagóxica entre os anteriores. Posible funcionalidade como pantalla para proxeccións.
€ 1.000
Moblería divisoria entre espazos de grupos de idade
Opción óptima para proposta polivalente de distribución do local en 4 compartimentos.
€ 376
Total € 1.470 € 2.846
Necessary
Supplemental

General information

O grupo educativo nos tempos libres Seteportas-Altair aspira a albergar todos os grupos de idade da proposta educativa Altair, de 8 a 18 anos, no curso 2020/21. Para iso, precisamos reformular os espazos do noso local, en Rúa do Home Santo, 29B, nos meses de verán e primeiros meses do curso.

Facemos un chamamento a toda persoa, en especial á mocidade, que, de xeito voluntario, se ofreza a botar unha man no local ás familias, rapazas e educadoras de Seteportas durante o seu tempo libre. Toda contribución, económica, humana ou material, será de utilidade para un óptimo reacondicionamento, en termos pedagóxicos, do local do noso proxecto educativo. Mediante este crowdfunding axudarédesnos á comunidade seteportiana a financiar os materiais para continuar coa reforma!

Obrigadas!

Description of the project. Main features, strengths and differentials.

Obxectivos

  1. Medrar en número de asociadas e calidade pedagóxica como agrupamento educativo nos tempos libres na cidade de Compostela.
  2. Axeitar os espazos a cada grupo de idade, en termos pedagóxicos, cada dous anos, dos 8 aos 18 (Pícaras, Insurras, Aventureiras, Pioneiras e Argonautas).
  3. Dispoñer dun local polivalente para o agrupamento Seteportas e os puntuais usos que a asociación Altair Galiza fai do mesmo, por exemplo, para os cursos de formación que ofrece a súa Escola de Educación nos Tempos Libres.

Materiais precisos e obxectivos

  • Arredor de 40 m² de cortiza para o pavimento dos espazos de dous grupos de idade.
  • Pintura branca para parte do local (120 m²) e pintura de cores para 30 m².
  • Moblería divisoria entre os espazos de cada grupo.
  • Pantalla movible ou abatible divisoria entre espazos.
  • Estantes/moblería para o almacenamento de material do agrupamento.

Man de obra precisa

  • Carpinteiro/a
  • Electricista
  • Albanel
  • Pintor/a

Proxecto de reforma (agradecemento a Fasedos Estudio)

Why this is important

A toda persoa, en especial á mocidade, que, de xeito voluntario, se ofreza a botar unha man no local ás familias, rapazas e educadoras de Seteportas durante o seu tempo libre. Toda contribución, económica, humana ou material, será de utilidade para un óptimo reacondicionamento, en termos pedagóxicos, do local do noso proxecto educativo.

Se tes interese en colaborar na nosa reforma, contacta connosco!

Team and experience

Seteportas Altair xorde no ano 2014 como un grupo pertencente ó Movemento Internacional, Sociocultural, Educativo e de Cooperación para o Desenvolvemento Altair, parte da asociación Altair Galiza, en Santiago de Compostela. É un grupo educativo en valores nos tempos libres cuxa equipa está formada, na actualidade, por 5 educadoras voluntarias, xente diversa que compartimos o noso interese e compromiso co mundo da eduación nos tempos libres.

Educamos no valor da comunidade, da axuda mutua, da afectividade e do respecto ás demais e á contorna. Cremos na compoñente lúdica como punto de partida para a educación integral das persoas, mediante o xogo libre e a pedagoxía do proxecto. Promovemos a pertenza ao agrupamento, ao tempo que se potencian as aptitudes individuais.

Desenvolvemos actividades destinadas a rapaces e rapazas de 8 a 18 anos, organizadxs en grupos de idade (Pícaras, Insurras, Aventureiras, Pioneiras e Argonautas), todos os sábados pola mañá, de 11.00h a 14.00h, no noso local. Ademais, puntualmente, en nadal, páscoa e verán, organizamos acampamentos. Convidamos a calquera persoa, especialmente á mocidade, a formar parte do noso proxecto. Fagamos comunidade; fagamos sociedade.

Social commitment