Escoliña De Vilar

Header image
Watch video
Finished 20 / 06 / 2016
Funded!
Received
€ 15.340
Minimum
€ 11.216
Optimum
€ 23.644
272 Backers
Channel
  • Contributing € 10

    Thanks, postcard and invitation

    We appreciate it on the web, you download the postcard with the logo and we invite you to the opening party.

    > 37 Backers
  • Contributing € 20

    Two fanzines

    Invitation to the opening party, we thank you on the web and you download the postcard with the logo + you receive two fanzines of the topics of your choice (health, nature, bread making, agriculture, seeds, alternative pedagogies, sexuality. ..)

    > 42 Backers
  • Contributing € 30

    We plant a tree in your honor

    Invitation to the opening party, we thank you on the web and you download the postcard with the logo + two fanzines + we plant a tree in your honor to reafforest the school surroundings.

    > 56 Backers
  • Contributing € 50

    Logo T-Shirt

    Invitation to the opening party, we thank you on the web and you download the postcard with the logo + two fanzines + a t-shirt with the logo of Escoliña de Vilar

    > 50 Backers
  • Contributing € 100

    Small basket of local products

    Invitation to the opening party, we thank you on the web and you download the postcard with the logo + two fanzines + t-shirt with logo + a small basket of organic products planted and / or processed locally.

    > 30 Backers
  • Contributing € 200

    Large basket of local products

    Invitation to the opening party, we thank you on the web and you download the postcard with the logo + two fanzines + t-shirt with logo + a big basket with organic products planted and / or processed locally

    > 10 Backers

Un día Manuel Rivas escribiu...

16 | 05 | 2016

A comuna de Foxo e a fábrica dos soños

[...]. Por aquela época, e dende mediados dos setenta, estaba a desenvolverse nun recanto de Galicia, no que poderíamos chamar con esaxero o noso Extremo Oriente, a experiencia de comuna máis orixinal e radical de cantas se fixeron nese tempo convulso na península ibérica. A coñecida como comuna do Foxo, que nos mellores tempos abrangueu varias aldeas en Negueira de Muñiz, na bisbarra do Navia, que ficaran illadas despois da construción do encoro de Grandas de Salime.

foxo

Ducias de mozos e mozas, intentaron alí un modo de vida alternativo, baseado no amor libre, na comunidade de bens, sen propiedade privada, e onde os fillos foron educados nunha escola libre, en contacto coa natureza.

Chamáronos hippies. Mais aqueles primeiros comuneiros do Foxo pouco tiñan de ver coa tópica estampa eivisenca de saias, camisas floreadas e pamelas que en España se asociou coa estética hippy. Para comezar, aquelas aldeas de Foxo, Vilar, Vilauxín, Cancio e Ernes, cercadas polas augas, semellaban estar tan perto do paraíso como do inferno. A natureza alí ten días. Hai días místicos e días que levan toda a sombra da noite na boca, como o lobo do poema de Novoneyra. Á montaña cáeslle ben ou cómete. Cando se construíu o encoro, que asolagou o val, a maioría dos veciños foran "deslocalizados" na Terra Chá. Quen devolveu a vida foi aquela mocidade valente e comunal. Xente libertaria a maioría. Herdeira e pioneira de moitos soños. O solidario, o igualitario. O vivir sen amos. O dun naturismo consecuente cando aínda case non se falaba de ecoloxía. O manducar en compaña ese pan do que falaba Don Quixote no marabilloso discurso sobre a liberdade: "¡Venturoso aquel a quen o ceo deu un anaco de pan sen que teña a obriga de agradecelo a alguén que non sexa o mesmo ceo!".

caricatura comuna

A experiencia da Comuna do Foxo durou anos, con altibaixos. Por suposto, non había ningunha comodidade. Nin luz eléctrica. Nin transporte motorizado. O encoro non respectara as pontes e había que achegarse en barca.

Entre os fundadores, hai historias lendarias. Como a presenza de Siro, un vello enlace do maquis entre Asturias e Galicia, a quen os futuros comuneiros coñeceron nun bar de Santiago. Foi el quen lles falou de había un paraíso deshabitado, entre augas e cuberto pola maleza. A primeira comuna, a dos fundadores, talvez a máis interesante, durou até 1982, que xa é durar. Contan que a chegada da heroína tivo o efecto dunha peste. O cabalo do ego estragou os vínculos solidarios. Os pioneiros superviventes refixeron a súa vida. Algúns son hoxe catedráticos ou profesionais liberais. O que nunca esquecerán son os anos en Foxo. Aquel espazo de liberdade rexurdiu, doutro xeito, nos anos noventa. Xente que vive da natureza, da gandería e da agricultura biolóxica. Algunhas cousas cambiaron, pero a mocidade que vai ao instituto á Fonsagrada ten que andar todos os días quilómetros para que os recolla un microbús que logo aínda percorre máis dunha hora para chegar ao centro.

E hai nestes mozos e mozas un selo especial. O da liberdade. E unha conexión íntima coa natureza. [...]

GRAZAS MANUEL!!

Texto extraído do artigo publicado o 25 de febreiro de 2011 en "El País", de Manuel Rivas.

Comments

Inicia sesión para dejar un comentario