Festas do Barrio de San Pedro 2021

Santiago de Compostela
Finished 09 / 07 / 2021
Funded!
Received
€ 4.780
Minimum
€ 4.000
Optimum
€ 8.000
160 Backers
Contributing € 20
Colaboración veciñaza

Agradecemento + autocolante "Eu apoio as festas do Barrio" + camisola Festas Barrio San Pedro deseño 2021.

As recompensas recolleranse no local das festas ou no comercio do Barrio. Só para as persoas fóra da Área de Compostela enviaranse por correo postal sen custos adicionais.

> 86 Backers
Contributing € 40
Colaboración fogares

Agradecemento + 2 autocolantes "Eu apoio as festas do Barrio" + 2 camisolas Festas Barrio San Pedro deseño 2021.

As recompensas recolleranse no local das festas ou no comercio do Barrio. Só para as persoas fóra da Área de Compostela enviaranse por correo postal sen custos adicionais.

> 35 Backers
Contributing € 50
Colaboración establecementos

Agradecemento + 1 autocolante "Establecemento colaborador FBSP 2021" + 2 camisolas Festas Barrio San Pedro deseño 2021.

As recompensas recolleranse no local das festas ou no comercio do Barrio. Só para as persoas fóra da Área de Compostela enviaranse por correo postal sen custos adicionais.

> 16 Backers
Contributing € 120
Colaboración especial fogares ou establecementos

Agradecemento + libro Unitaria "Un edificio, un proxector e moito tempo" + 2 autocolantes "Eu apoio as festas do Barrio" + 2 camisolas Festas Barrio San Pedro deseño 2021.

As recompensas recolleranse no local das festas ou no comercio do Barrio. Só para as persoas fóra da Área de Compostela enviaranse por correo postal sen custos adicionais.

https://www.verkami.com/locale/es/projects/29857-un-edificio-un-proxector-e-moito-tempo

> 00 Backers

About this project

Xente festeira, este ano non podemos pasar polas vosas casas e establecementos. Así que aquí podedes colaborar coas festas do barrio.
Task Minimum Optimum
Actuacións na proximidade
Actuacións simultáneas durante o 26 de xuño en 4 espazos do Barrio San Pedro: música, artes escénicas, divulgación científica, narración oral e poesía. O custo é exclusivamente para pagarlles ás artistas e para os gastos de produción de son e luces, xa que os locais son cedidos por entidades do barrio.
€ 4.000
Sesión vermú radiada
Organización dunha sesión vermú que se retransmitirá en directo a través da rede e que se poderá sintonizar nos móbiles. Un programa de radio onde atoparnos. Un novo concepto de SESIÓN VERMÚ amenizado con música e voces para tentar chegar a todos os recunchos do barrio, para que todes dancemos e cantemos en conexión ao son da mesma sintonía. Para desfrutar da festa por dentro e por fóra.
€ 2.000
Material Minimum Optimum
Material impreso para difusión e elementos de decoración das festas
Carteis coas actividades, lonas, luces, tarimas e calquera outro elemento que nos axude a difundir e celebrar a festa.
€ 2.000
Total € 4.000 € 8.000
Necessary
Supplemental

General information

Levamos máis de dezasete edicións festexando as FBSP e este 2021 non ía ser menos, non poderemos facer moitas das cousas doutros anos, pero queremos que todo o barrio se vista de festa!

Con motivo da pandemia non é posible a recollida de doazóns polas casas do barrio, nin outras achegas presenciais. Aínda que a asociación conta cun peto destes anos, precisamos a colaboración telemática mediante un goteo de pequenas doazóns por parte da veciñanza.

As festas deste 2021 celébranse desde o xoves 24 ao domingo 27 de xuño. Este ano haberá actuacións en locais de entidades do barrio, pasarrúas, música, cine, romería e outras moitas sorpresas. Todas as actividades pensadas para garantir a saúde e protección de todes pero sen deixar de lado a festa.

Que vos parece, durante eses días lucir de festa? Que viva o Barrio de San Pedro !!

Description of the project. Main features, strengths and differentials.

A pandemia fai imposible a recollida de doazóns polas casas do barrio como viña sendo habitual, tampouco podemos recibir outro tipo de achegas presenciais. Contamos cun pequeno peto aforrado durante estes anos pero, aínda así, precisamos a colaboración telemática mediante este goteo de pequenas colaboracións por parte da veciñanza e demais amigues aos que lles apeteza axudar.

Mediante o goteo axudaredes á Comisión de Festas do Barrio de San Pedro a financiar dúas das actividades que forman parte da programación do 2021: "Actuacións 4 x 4 " + "Sesión vermú radiada"

Why this is important

Dirixido a toda a veciñanza, amigues, establecementos e todas aquelas persoas que teñen como referencia o barrio de San Pedro, que o ven como un lugar distinto onde celebrar unhas festas, facer barrio, apoiar a cultura ou o asociacionismo, entre outros.

Team and experience

A Asociación Cultural Barrio de San Pedro leva dezasete anos organizando as Festas e outras moitas actividades culturais. Ademais de estar formada por un equipo directivo de aproximadamente 15 persoas, contamos con máis de 100 voluntarias que colaboran todos os anos na organización das festas e outras actividades.

Ademais de organizar estas festas, realizamos actividades de dinamización cultural, reivindicativas e de lecer ao longo destes anos entre as que podemos destacar as Feiras da Primavera, a celebración dos Maios, o Festival San Pedro sen Paredes ou os Barrios con Luz Propia. Tamén cooperamos e dinamizamos con outros colectivos a Casa do Matadoiro, realizamos diversas actividades en colaboración coa Asociación Veciñal A Xuntanza como o Día do Barrio, as Cacharelas de San Xoán ou o Mercado do Caracol. Apoiamos o Mapa Emocional de San Pedro ou a campaña Somos Veciñanza, entre outras iniciativas.

Social commitment